Hoxe é día das Letras Galegas, unha nota de homenaxe para lembrar este día. Como non son literato nin o pretendo, só lembrarlles aos peques e maiores que non esquezan a lingua, e que lean (da igual sexa en chinés, galego, castelán ou alemán), que neste país (España) semella que en una tarefa que imos esquecendo, pero que lembren súas raíces, sen vergoña, pero sen extremismos.
E xa postos, pois dedicarlle unha lectura ao homenaxeado: Valentín Paz Andrade. Para quen lle interese súa vida e obra, ollar en Wikipedia
http://es.wikipedia.org/wiki/Valent%C3%ADn_Paz_Andrade
Iso que en vez de Ollar estiven a piques de por Oubear, que na miña terra ourensán se aplica moito cando un anda a observar na lexanía ou a espiar, pero na súa maior acepción é referido a Aullar (de lobos). E facer tamén un recoñecemento aos afiadores desta terra que andiveron polo mundo, gañando seu pan en tempos de crise como agora, os cales tiñan tamén una linguaxe propia; a ver cando se lles dedica un Día das Letras Galegas a este grupo social, co seu contribuiron á lingua, difusión e desenvolvemento desta terra.
E pouco caso aos políticos, que neste día son todos galeguistas, pero que esquecen doadamente no resto do ano. Lles gosta moito sair na foto, pero na procura de votos, non no sentimento de ser galego. Cousas de ourensáns.
E pouco caso aos políticos, que neste día son todos galeguistas, pero que esquecen doadamente no resto do ano. Lles gosta moito sair na foto, pero na procura de votos, non no sentimento de ser galego. Cousas de ourensáns.
Dibujos: Castelao (Cousas da Vida, Ed. Galaxia, 1968). Un dos meus inspiradores en viñetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario